Inicio
A súa lingua: gl
 

Tenda

  • "Ponteacomprar" é unha tenda en liña que abre unha nova canle de venda e difusión para todos os autónomos e micropemes da provincia de Pontevedra co obxectivo principal de potenciar o tecido empresarial e dinamizar á provincia, conseguindo a través desta plataforma unha maior visibilidade e proxección dos seus negocios e da propia provincia cara aos mercados nacionais e internacionais, permitindo a cada un deles vender os seus produtos e servizos típicos e dunha especial singularidade coa provincia de Pontevedra.

    Este centro de comercio virtual se fundamenta en ser unha plataforma de venda en liña que aúna a diferentes proveedores, baixo una mesma imaxe de marca e baixo a perspectiva de ser unha única tenda, onde o usuario pode atopar diferentes produtos e servizos, da maior calidade e satisfacción.

    Entre as características fundamentais da plataforma "Ponteacomprar" destacan:

    Modelo de tenda en liña baseado no catálogo único de produtos e servizos. O usuario atoparase cunha estrutura de categorías e subcategorías, dos diferentes produtos e servizos que se venden na plataforma, facilitando a experiencia de comprar, así como a usabilidade da mesma.

    Modelo de xestión centralizado no centro de coordinación da plataforma, o que garante a homoxeneidade nos contidos, produtos e servizos, así como a correcta operativa.

    Modelo de pago virtual unificado, que permitirá a un usuario realizar o pago de produtos e servizos de diferentes proveedores nun só pago, facilitando o proceso de compra e a xestión do carrito, potenciando a experiencia do usuario e a sencillez da plataforma.

    Modelo de distribución consolidado, traballando cun único operador loxístico, que vai permitir realizar a recolleita de varios produtos en diferentes localizacións e envialo ao cliente final.

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e hábitos de navegación. Máis información "aquí".
x