Tafona
Durante séculos os agricultores da nosa provincia cultivaron cereais de altísima calidade, usados polos panadeiros para elaborar artesanalmente pan, empanadas e repostería.
O pan galego en xeral é recoñecido pola súa gran variedade e calidade.
As empanadas, produtos típicos da provincia son identificativas da cociña galega, con recheos realizados cos produtos procedentes da costa e da terra galegas, materias primas de calidade e propias da provincia.
En canto á repostería existe unha ampla variedade de produtos, como tartas tradicionais, galletas, roscóns ou rosquillas, onde se fusionan tradición e innovación.