Inicio
A súa lingua: gl
 

Quen Somos

  • Sobre o centro virtualA Deputación de Pontevedra, a través das actuacións "creación e posta en marcha dos centros provinciais de asesoramento empresarial (cpae 2.0)" e o "desenvolvemento e potenciación do comercio electrónico na provincia de pontevedra" dentro dos proxectos "depoTIC" e "depoDEZA", ambos cofinanciados por FEDER, desenvolveu esta plataforma de comercio electrónico denominada "Ponteacomprar" para potenciar a economía da provincia onde os autónomos e micropemes (priorizando as micropemes con cinco ou menos empregados e cun volume de negocios anual ou balance xeral anual que non supere os 2 millóns de euros) preferentemente dos sectores alimentación, restauración, turismo, lecer, hostelería e cultura, da provincia de Pontevedra e as empresas dos sectores agroalimentario, hostelero e da restauración da comarca de Deza (sen limitación de número de empregados e volume de negocio), poden vender os seus produtos e servizos a través de Internet.

    O obxectivo principal é potenciar o tecido empresarial da provincia de Pontevedra facilitando aos autónomos e aos pequenos empresarios o acceso a unha nova canle de venda a través do cal comercialicen os seus produtos e servizos en internet. Estes produtos e servizos son de alta calidade, autóctonos ou elaborados na provincia dun xeito artesanal.

    Dar a coñecer os produtos e servizos pontevedreses destacando a calidade e o "bo facer"que os caracterizan, promocionar o seu consumo dentro e fóra da provincia á vez que difundir a nosa historia e costumes a través dos servizos de lecer e turismo é outro dos obxectivos da plataforma de comercio electrónico "Ponteacomprar". Todo iso coa finalidade de consolidar o tecido industrial e produtivo pontevedrés e impulsar o crecemento da economía da provincia de Pontevedra.

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e hábitos de navegación. Máis información "aquí".
x