Queixos curados
Existen variedade de queixos curados elaborados con leite cru ou pasteurizada de vaca, ovella ou cabra. A alimentación destes animais é totalmente natural, en pastos verdes, o que garante un produto saudable e de calidade. As características principais dos queixos curados son a súa textura, bastante dura e seca, e o seu intenso sabor. Unha das denominacións de orixe protexida destacadas na comunidade galega é a do queixo Arzúa-Ulloa, un dos queixos galegos por excelencia.