Carne
Pontevedra, por tradición e contorna natural, posúe variedade de produción de carnes; ovina, porcina, vacuna, etc. Carne de calidade grazas á alimentación e o coidado do gando.
Carne de renome co recoñecemento nacional do selo de calidade Tenreira Galega, que presenta unhas características sensoriais específicas e excepcionais. É unha carne que destaca polo seu intenso e agradábel sabor, extraordinariamente tenra, celmosa e suculenta. O selo de calidade garante que os animais foron alimentados do xeito tradicional que define a produción cárnica galega.