Afumados
O afumado é a técnica culinaria de conservación de alimentos máis antiga, consistente en someter alimentos a unha fonte de fume proveniente de lumes realizados con madeiras de pouca resina. Esta técnica proporciona aos alimentos moi bo sabor e cheiro á vez que os preserva da descomposición. Na provincia de Pontevedra elabóranse varios produtos afumados, os máis típicos son os chourizos con diferentes recheos ou o xamón.
Nesta sección da plataforma de "Ponteacomprar" pode adquirir afumados propios da provincia. Seleccione un para engadilo ao seu carriño da compra.