Monisca Handmade
Monisca Handmade

Monisca Handmade é o resultado dun proxecto que se fixo realidade cando abriu as súas portas nun pequeno local na praza de Abastos de O Porriño. A paixón polas teas e a necesidade de deseñar e crear cada día cosas novas fai posible que poida ofrecer ao cliente un sinfín de posibilidades ao facer labores por encargo totalmente personalizadas.
Monisca é unha tenda - obradoiro de costura , onde se deseña e crea cada peza para a súa exposición e venda.
En Monisca atoparás Artesanía Téxtil, 100% feito a man:
Téxtil de bebé: Roupa, babeiros, axóuxeres, bonecos, toallas, mantas, colchas...
Téxtil de fogar : avantais, mantelería, fundas de coxíns, cortinas, ...
Complementos : Bolsos, moedeiros, bolsas- mochilas, diademas, broches, pinzas,
En fin , todo o que se poida imaxinar e realizar con tea, facendo de cada retallo unha peza única e exclusiva...DA IDEA Á TEA.