Inicio
A súa lingua: gl
 

Cómo Comprar

  • A plataforma de comercio electrónico "Ponteacomprar" constitúese como o centro de comercio virtual onde os autónomos e as pequenas empresas da provincia de Pontevedra poden comercializar os seus produtos e servizos de modo FÁCIL e GRATUITO.

    A plataforma de comercio electrónico "Ponteacomprar" posúe un catálogo único con numerosos produtos e servizos agrupados en diversas categorías: bodega, fresqueira, lacena e conservas, tafona, artesanía e agasallos, lecer e servizos entre outros.

    Tamén dispón dun apartado específico para os produtos e servizos da comarca de Deza.

    O proceso de compra é fácil e sinxelo. Só ten que elixir o produto ou servizo, incorporalo á cesta de compra pulsando sobre o icono do carrito e tramitar o seu pedido, empregando o medio de pago que máis se adapte a vostede.

    De forma detallada o proceso de compra se desglosa nos seguintes pasos:

  • Paso 1: Atope o produto ou servizo

    Pode atopar un produto ou servizo dentro de "Ponteacomprar" introducindo no buscador, situado na parte superior da páxina, unha ou varias palabras que identifiquen o produto ou servizo que busca e obtendo como resultado os produtos ou servizos dispoñibles que haxa nese momento.

    Outra forma de atopar os produtos ou servizos que desexe comprar é navegar polo menú situado na parte esquerda da plataforma de comercio electrónico "Ponteacomprar". A través deste menú poderá acceder aos produtos ou servizos que están englobados nas diferentes categorías.

    Para obter unha maior información sobre un produto ou servizo seleccióneo facendo clic sobre él.

  • Paso 2: Tramitar o pedido

    Para tramitar o pedido hai que incorporar á cesta de compra o produto ou servizo que desexe comprar pulsando no icono do carrito da compra, situado sobre a imaxe do artigo.

    Pódense engadir máis unidades dun mesmo produto indicando a cantidade na pestana situada xusto debaixo do botón "Engadir". Unha vez na cesta pode continuar comprando outros artigos ou tramitar o pedido cos produtos ou servizos incluídos.

    A tramitación do pedido efectúase baixo unha conexión segura que lle garante a confidencialidade de todos os seus datos. O pedido pode tramitarse de dous xeitos; si é vostede un usuario rexistrado ou un usuario invitado (sen rexistro previo).

    Un usuario invitado non precisa rexistrarse para realizar un pedido; logo de seleccionar os produtos ou servizos que desexe comprar procederá a realizar o pago introducindo os datos solicitados.

    Os usuarios rexistrados deben introducir a súa clave de usuario e contrasinal para acceder á súa conta e proceder coa tramitación do pedido. Se non está rexistrado e prefire rexistrarse debe introducir os datos necesarios para efectuar o rexistro e obterá unha clave de usuario e unha contrasinal que lle servirán para as sucesivas transaccións que realice na nosa plataforma de comercio electrónico "Ponteacomprar". Ademais, tamén poderá adquirir produtos ou servizos, recibir información sobre ofertas e promocións, coñecer a situación dos seus pedidos, etc. Na súa ficha de cliente quedarán rexistrados os seus datos persoais polo que non será necesario volver a introducilos en posteriores compras.

  • Paso 3: Pagar o produto ou servizo

    No seguinte paso móstrase un resumo do pedido e os datos da ficha de cliente para revisar se a dirección de envío é correcta. Tamén se pode optar por enviar o pedido a un domicilio distinto do rexistrado; os gastos de envío asignaranse en función do destino elixido e do peso do paquete.

    Nesta mesma páxina seleccionarase a forma de pago. Unha vez elixida, procederase a finalizar a tramitación do pedido.

    Finalmente, mostrarase a confirmación da tramitación correcta do pedido e indicarase o número do mesmo, así como un resumo dos produtos ou servizos adquiridos.

  • Paso 4: Seguimento do pedido

    Na sección "A miña conta", introducindo a súa clave de usuario e contrasinal, pode facer un seguimento do estado do pedido en curso, ademais de visualizar pedidos anteriores xa realizados, podendo revisar tamén a composición detallada dos mesmos. Para consultar un pedido tramitado deberá introducir o seu código de seguimento.

  • Procedemento de compra paso a paso

  1. Atope o produto ou servizo desexado
    • No buscador situado na parte superior da plataforma web
    • Navegando a través do menú situado á esquerda
  2. Si desexa obter máis información do produto ou servizo faga click sobre o mesmo.
  3. Para engadir un produto ou servizo ao carrito de compra pulse o botón Engadir ao carrito e indique a cantidade do produto ou servizo que desexa.
  4. Pulse continuar comprando se desexa engadir máis produtos ou servizos ao carrito.
  5. Para completar o proceso de compra pulse Realizar pedido.
  6. Se é un usuario:
    • Non rexistrado ten dúas posibilidades:
      1. Seleccione unha destas dúas opcións e pulse Continuar.
        • Realizar o pedido como invitado
        • Rexistrarse
      2. En ambos casos complete os campos requiridos de:
        • Información de facturación
        • Información do envío
      3. Seleccione un método de envío e pulse Continuar
      4. En Información de pago seleccione unha destas dúas opcións e pulse Continuar
        • Tarxeta de crédito
      5. Verifique o pedido e se é correcto pulse Realizar o pedido
    • Rexistrado:
      1. Complete a súa dirección de correo electrónico e contrasinal para acceder á súa conta
      2. Seleccione a dirección de facturación
      3. Seleccione a dirección de envío
      4. Seleccione un método de envío e pulse Continuar
      5. En Información de pago seleccione unha destas dúas opcións e pulse Continuar
        • Tarxeta de crédito
      6. Verifique o pedido e, se é correcto, pulse Realizar o pedido
  • Chegado este punto e tras formalizar o pago a empresa recibirá na súa conta o importe correspondente do pedido. Informaráselle por correo electrónico sobre o detalle os produtos e servizos que solicitou o cliente para a preparación do envío do pedido e a realización da factura correspondente.

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e hábitos de navegación. Máis información "aquí".
x