Os autónomos e as pequenas empresas da provincia de Pontevedra únense en ponteacomprar.com para achegar os sabores dos seus produtos e as experiencias das Rías Baixas a calquera lugar do mundo, os 365 días do ano durante as 24 horas do día.

Unha nova canle de venda en liña cun escaparate dinámico, variado e moi atractivo cunha coidada selección de produtos e servizos de alimentación, restauración, turismo, lecer, cultura e artesanía de toda a provincia e da comarca de Deza, que presenta un espazo con identidade propia dentro de ponteacomprar.com

ponteacomprar.com garante unha gran experiencia de compra e venda para produtores e consumidores grazas a un catálogo único de produtos e servizos (moitos deles de distribución, ata o de agora, exclusivamente local), un sistema de distribución integrada (recóllense todos os produtos dun pedido en distintas localizacións e entréganse nun único envío) e o pagamento unificado (o comprador fai un único pagamento e o TPV virtual distribúe o beneficio de forma automática a todos os produtores); todo iso baixo a xestión centralizada da Deputación de Pontevedra.


Vive o mellor da provincia a través dunha plataforma de comercio adaptada a todos os dispositivos móbiles, coñece máis sobre os produtos e servizos que consomes e os seus creadores, e goza de descontos e promocións exclusivas.

ES PRODUTOR E TAMÉN QUERES VENDER OS TEUS PRODUTOS EN PONTEACOMPRAR.COM ?

Únete xa! Se es produtor ou unha pequena empresa da provincia de Pontevedra aproveita esta oportunidade de negocio única coa que facer chegar os teus produtos a novos mercados nacionais e internacionais e fidelizar os clientes máis próximos, co apoio permanente de profesionais especializados en comercio electrónico. Experimenta o crecemento da túa empresa e da túa marca a través de campañas en liña integradas en medios de comunicación e redes sociais, evitando comisións e intermediarios e beneficiándote de tarifas loxísticas e financeiras especiais sen necesidade de investir nunha plataforma propia. ponteacomprar.com está a converterse nunha iniciativa clave no crecemento de toda a provincia. Entra xa… e vive Pontevedra!