Inicio
A súa lingua: gl
 

Aviso legal

  • As presentes condicións e aviso legal teñen por obxecto regular o acceso e o réxime de adquisición dos produtos e servizos facilitados pola plataforma de comercio electrónico "Ponteacomprar" ao usuario a través da súa páxina web, constituíndo o marco xurídico que desenvolve a relación contractual. Os produtos e servizos serán os que se atopen a disposición do usuario na seguinte páxina web titularidade da Deputación de Pontevedra: http://www.ponteacomprar.com

  • Titularidade

    A Deputación de Pontevedra con CIF P3600000H, e domicilio na avda. Montero Ríos, s/n, 36071 Pontevedra (Galicia), é o titular do portal www.ponteacomprar.com, que pon a disposición dos usuarios de internet co fin de proporcionar información sobre os produtos, servizos e ofertas das empresas pontevedresas, así como poñer en contacto ao consumidor e ás empresas para permitir a adquisición de produtos e servizos a través do portal.

  • Aceptación e disponibilidade

    As presentes condicións regulan a relación xurídica derivada dos procesos de contratación formalizados polos usuarios a través da páxina web de "Ponteacomprar". Os usuarios aceptan expresamente a adhesión plena e sen reservas ás presentes estipulacións na versión publicada por "Ponteacomprar" no momento en que o usuario contrate o produto e/ou contidos nos que estea interesado. Xa que logo o usuario comprométese a ler atentamente as condicións de contratación cada vez que proceda á contratación dalgún produto ou servizo, dado que as mesmas poderían ser obxecto de modificación desde o seu último acceso.

    Mediante a aceptación das presentes condicións xerais de contratación o usuario declara:

    • a) Que é unha persoa con capacidade para contratar.
    • b) Que leu e acepta as presentes condicións xerais de contratación.

    O usuario terá acceso sempre e en todo caso, con carácter previo ao comezo do procedemento de contratación de produtos ou servizos, ás condicións de contratación, podendo ser almacenadas e/ou reproducidas nun soporte duradeiro.

  • Modificacións das condicións de contratación

    A plataforma de comercio electrónico "Ponteacomprar" poderá modificar as presentes estipulacións, sempre que exista causa ou motivo suficiente para iso. Enténdese que existe causa ou motivo suficiente para a modificación, con carácter enunciativo e non limitativo, cando ésta teña por finalidade:

    • a) Ampliar a gama ou o número de produtos que se poñen a disposición dos usuarios ou mellorar os existentes.
    • b) Modificar, substituír ou actualizar os prezos dos produtos que se ofrecen a través da páxina web.
  • Forma de pago

    Os prezos e tarifas aplicables á contratación por parte do usuario dos servizos serán os que figuren no portal web titularidade de Deputación de Pontevedra, www.ponteacomprar.com, no momento no que o usuario acceda ao servizo específico e inicie o proceso de contratación.

    As empresas adheridas resérvanse o dereito a modificar o prezo dos produtos e servizos publicados na páxina web mencionada anteriormente cando o considere conveniente e comunicándollo ao centro de coordinación da plataforma para facelo visible na páxina web.

    As empresas adheridas resérvanse o dereito a admitir as formas de pago que consideren a condición de que sexan algunhas das seguintes:

    • a) Con tarxeta

    Realizarase un cargo automático na súa tarxeta no momento en que se procese o pedido. Esta operación realizarase a través dun servidor seguro de ABANCA, quen garante a confesionalidade dos datos facilitados polo cliente mediante encriptación, evitando a súa comunicación a terceiros estraños á relación xurídica, conforme ao establecido na Lei 15/99 de protección de datos de carácter persoal. A empresa poderá solicitar ao cliente datos complementarios que permitan verificar que a compra foi realizada polo titular da tarxeta.

  • Prezos e impostos aplicados

    Os prezos aplicables son os que figuran na web no momento en que o cliente realiza o seu pedido.

    O prezo dos produtos que aparecen na web inclúe o Imposto de Valor Engadido (IVE) correspondente segundo o produto.

  • Forma de envío

    • a) Zona de entrega

      SEUR realizará a entrega mediante un servizo de recolleita e envío de cada un dos produtos en cada unha das abdicacións das diferentes empresas que conforman un pedido, segundo os horarios establecidos, para a recolleita e envío. O pedido será entregado na dirección indicada polo cliente.

    • b) Gastos de envío

      Aplicarase un recargo en cada pedido en concepto de contribución aos gastos de envío e entrega.

  • Condicións de venda

    Os prezos e textos publicados na plataforma de comercio electrónico "Ponteacomprar" están suxeitos a variacións sen previo aviso, ata en canto as súas especificacións técnicas. É obrigación do cliente comprobar a mercancía que se lle entrega.

    En caso de cambios por defecto dun produto a empresa pasará a retiralo e cambiarao por outro en perfectas condicións ou reembolsará o importe.

    A empresa responsable do produto en cuestión asumirá o gasto de envío do novo produto.

    O risco de perda ou danos na mercancía transmítese ao cliente desde o momento en que se produce a entrega no domicilio do cliente.

    “Ponteacomprar” non se fai responsable baixo ningún concepto dos danos ocasionados polo mal uso das mercancías.

    As ofertas terán a vixencia que se especifique en cada caso na páxina web. No caso de que se esgotasen as existencias antes da data de finalización da oferta poderase fornecer, de común acordo co usuario, un produto de calidade e prezo equivalentes.

    O usuario poderá consultar as características esenciais de cada produto ou servizo a través da súa descrición na páxina web.

  • Protección de datos personais

    O acceso dos usuarios á plataforma de comercio electrónico “Ponteacomprar”e a compra dos produtos ou servizos ofrecidos a través da páxina web implica o tratamento de datos de carácter persoal. Para “Ponteacomprar” reviste unha gran importancia o cumprimento da normativa sobre protección de datos de carácter persoal e sobre servizos da sociedade da información e comercio electrónico.

    Xeralmente, as persoas que fagan uso da páxina web non terán que facilitar ningún dato de carácter persoal. No entanto, para acceder aos servizos os usuarios deberán en certos casos facilitar datos de carácter persoal. “Ponteacomprar”, garante a confesionalidade destes datos, segundo o establecido na normativa sobre protección de datos de carácter persoal e sobre servizos da sociedade da información e de comercio electrónico.

    A plataforma de comercio electrónico “Ponteacomprar” cumpre a lexislación vixente en materia de protección de datos, adoptando os procedementos administrativos e técnicos necesarios para garantir a seguridade dos datos persoais que recompilamos.

    Neste sentido, o usuario queda informado e presta o seu consentimento para a incorporación dos seus datos aos ficheiros automatizados titularidade da Deputación de Pontevedra, domiciliado na avda. Montero Ríos, s/n, 36071 Pontevedra (Galicia) debidamente inscritos ante o Rexistro Xeneral de Protección de Datos de Carácter Persoal, e para o tratamento automatizado dos seus datos, consecuencia da consulta, solicitude ou contratación de calquera servizo ou de calquera transacción ou operación realizada, co obxecto de acceder á información e aos servizos facilitados por “Ponteacomprar” a través da páxina web, e no seu caso para o mantemento da relación contractual, así como para o envío de ofertas ou comunicacións publicitarias e promocionais.

    O usuario manifesta que todos os datos facilitados por el son certos e correctos, e comprométese a comunicar a "Ponteacomprar" os cambios que se produzan nos mesmos. O usuario ten dereito a opoñerse ao tratamento de calquera dos seus datos que non sexan imprescindibles para a celebración do contrato e á súa utilización para calquera finalidade distinta do mantemento da súa relación contractual.

    A política de privacidade de "Ponteacomprar" garante ao usuario en todo caso a posibilidade de exercitar o seu dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos, notificándoo a "Ponteacomprar" enviando un email á dirección de correo electrónico info@ponteacomprar.com.

    Así mesmo, e en cumprimento da Lei 34/2002, de servizos da sociedade da información e comercio electrónico, "Ponteacomprar" só enviará ofertas ou comunicacións publicitarias e promocionais por vía electrónica á súa dirección de correo electrónico ou a través doutro medio de comunicación electrónica equivalente a aqueles usuarios que outorguen o seu consentimento de xeito expreso.

    "Ponteacomprar" informa ao usuario de que poderá darse de baixa deste tipo de comunicacións seguindo as instrucións que aparecen ao final de todos os nosos correos electrónicos ou comunicándoo por escrito á dirección de correo electrónico info@ponteacomprar.com.

  • Dereitos e obrigacións dás partes

    • a) Obrigacións de “Ponteacomprar”

      Os comercios adheridos á plataforma de comercio electrónico "Ponteacomprar" comprométense a cumprir coas seguintes obrigacións contractuales derivadas da relación comercial co usuario consecuencia da contratación os servizos por parte do mesmo:

      Prestar coas máximas garantías ao usuario o servizo solicitado por este, conforme co disposto nas condicións de contratación, sen faltar á boa fe contractual.

      Informar expresamente ao usuario da existencia das presentes condicións con carácter previo ao comezo do procedemento de contratación.

      Informar ao usuario con carácter previo á contratación e de xeito concreto, clara, precisa e inequívoca, das características específicas dos servizos solicitados, tales como o prezo dos mesmos e os impostos que lle sexan de aplicación.

      Poñer a disposición do usuario un exemplar do texto das condicións xerais.

    • b) Obrigacións do usuario

      Pola súa banda, o usuario comprométese a:

      Levar a cabo o íntegro cumprimento do establecido nas presentes condicións dos servizos facilitados por “Ponteacomprar”.

      Completar os formularios de rexistro previos ao comezo do procedemento de contratación con información veraz e actual.

      Facilitar, de forma correcta, os datos bancarios solicitados por “Ponteacomprar”.

      Pagar o prezo dos produtos e servizos adquiridos, sen que a presentación dunha reclamación lle exima desta obrigación.

    • c) Dereitos do usuario:

      Toda a información proporcionada ao cliente terá o carácter de vinculante para o oferente nos términos establecidos pola lexislación vixente.

      Todo usuario ten dereito a que os bens que adquira teñan a categoría e os requerimientos legais contratados ou sexan dunha calidade que garde proporción directa coa categoría do establecemento.

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e hábitos de navegación. Máis información "aquí".
x